publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Rey Varela aborda medidas e vías de colaboración para a mellora dos servizos de atención e de conciliación no rural galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballeda de AviaLobios
A-
A+
Rey Varela na reunión coa alcaldesa de Lobios. Foto: X. Crespo

Rey Varela na reunión coa alcaldesa de Lobios. Foto: X. Crespo

José Manuel Rey Varela, mantivo esta mañá dúas xuntanzas de traballo cos alcaldes dos municipios ourensáns de Lobios e Carballeda de Avia, María del Carmen Yáñez Salgado e Luís Milia Méndez, respectivamente. Deste xeito, a Consellería de Política Social da continuidade á súa liña de diálogo coas demais administracións públicas de Galicia para xuntar esforzos no ámbito social e acadar melloras que beneficien á totalidade da poboación.

Así, nas reunións que tiveron lugar no despacho do titular de Política Social en San Caetano, os rexedores galegos abordaron diferentes cuestións no ámbito social relativas aos seus concellos e avanzaron ao conselleiro propostas para o seu estudo e posible encaixe dentro das liñas de traballo que ten en marcha a Consellería de Política Social.

Neste sentido, e no que atinxe á mellora dos servizos de atención á cidadanía, a potenciación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) estivo entre os asuntos que se trataron nas conversas que mantivo hoxe Rey Varela cos primeiros edís de Lobios e Carballeda de Avia. Outra cuestión foi a de buscar vías de colaboración entre administracións no ámbito da infancia, no camiño de ofertar máis recursos de conciliación para os pais e nais que viven no rural galego.

12 de novembro de 2015 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.