publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello do Grove asume a reparación de toda a fachada do edificio de mestres de Rosalía de Castro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O Concello de Grove estudou pormenorizadamente tódalas opcións de cara a buscar unha solución o grave problema xurdido polo mal estado no que se atopa o denominado Edificio de Mestres vencellado ao Colexio Rosalía de Castro. Finalmente tense decidido acometer, con cargo aos orzamentos municipais, unha reparación de urxencia de toda a fachada do inmoble, tanto na fachada exterior que da a Rúa Conchases, como na interior que da ao patio do Colexio.

Esta obra non supón solucionar o problema de habitabilidade que ten o edificio, e que seguirá con graves deficiencias no seu interior, pero si permitirá que a estrutura exterior conte coa maior seguridade posible e, polo tanto, que non se produzan desprendementos. Deste xeito, poderase retomar a actividade no patio exterior.

A partires desta medida tan necesaria, o Concello reiterará a solicitude de reunión coa Concellería de Educación para estudar a posible cesión deste inmoble e as condicións nas que esta podería producirse. 

6 de novembro de 2015 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.