O alcalde de Ponte Caldelas recibe a visita de José Antonio Vázquez Yáñez
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, recibiu no seu despacho ao novo director do Centro Penitenciario de A Lama, José Antonio Vázquez Yáñez, que está a realizar unha ronda de presentacións oficiais ante organismos e entidades locais.
Andrés Díaz aproveito a visita para felicitalo polo seu nomeamento en substitución do anterior director, Álvaro Nuevo García, e interesouse polos novos proxectos que levará a cabo Vázquez Yáñez no Centro Penitenciario de A Lama.
Nun excelente clima de colaboración institucional, tanto o alcalde como o director do centro penitenciario salientaron o desexo de seguir profundizando no convenio que favorece a posta en marcha de programas de reinserción social no que poden participar internos deste penal. Ao tempo que eles contribúen co seu traballo a conservar e poñer en valor elementos de interese xeral ou a botar unha man en tareas loxísticas e organizativas da Festa da Troita, adquiren coñecementos que lles poden ser útiles para o seu reingreso na sociedade.
Os internos, que participan voluntariamente nestes proxectos, valoran moi positivamente a iniciativa que contribúe a romper coa súa rutina diaria ao tempo que lles permite sentírense útiles para a sociedade no seu camiño cara á reinserción.