publicidade hoxe

A OMIX do Grove achégase aos institutos para informar do carné xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello do Grove pon en marcha outra nova iniciativa para achegarse aos mozos e mozas da vila. Nesta ocasión levarán o Punto de Información Xuvenil aos institutos aproveitando os tempos de recreo para informar aos rapaces da temas do seu interese ademais de permitirlles poder facer os trámites do Carné Xove.

O Carne Xove é unha tarxeta da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia destinada a mozos e mozas de entre 12 e 30 anos que permite que estes dispoñan de descontos e vantaxes nas entidades colaboradoras de Galicia e doutras comunidades autónomas, puiden incluso empregarse nos 40 países adheridos ao programa. Entre as avantaxes máis subliñables destacan os descontos en transporte (Renfe, Mombus..) e en distintos comercios permitindo, ademais, que os seus titulares poidan participar nos distintos sorteos que se organizan dende a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (actividades de neve, de verán, viaxes e actividades multiaventura, cursos…).

Os rapaces e rapazas estarán informados previamente da visita do Punto de Información Xuvenil ao seu instituto, puidendo así contar coa documentación precisa para a tramitación do seu Carné Xove: DNI e 6 euros e, no caso dos menores de 14 anos, unha autorización dos seus titores). As visitas da OMIX están programadas no Instituto do Monte da Vila para o mércores 18 e xoves 19, estendéndose as mesmas a outros centros nos vindeiros días. 

Os interesados en tramitar este carné ou ter algunha outra información de interese poden dirixirse a OMIX no segundo andar do Edificio Administrativo no seu horario de atención ao público de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas e os luns de 16.00 a 19.00 horas. 

17 de novembro de 2015 | 20:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.