publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Reunións veciñais en Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

Como ven sendo habitual nos últimos anos, o Concello de Cabanas pensa realizar unha serie de reunións nos diferentes locais sociais que existen no municipio. Nestas xuntanzas, o consistorio municipal buscará explicar ós veciños e veciñas de Cabanas como se pretenden preparar os presupostos do próximo ano 2016 e do mesmo xeito tamén se escoitaran as suxestións e as preguntas que os asistentes desexen realizar, co obxectivo de preparar  os mellores presupostos posibles para o funcionamento do Concello, tendo sempre en conta as necesidades de cada parroquia.

As reunións faranse nos diferentes locais sociais que hai no concello, para deste xeito poder favorecer que asista a maior parte dos veciños e veciñas de Cabanas. A hora das reunións será sempre ás 20:30 horas. O calendario previsto será o seguinte:

- 4 de novembro: Local Social do S.C.R.D. San Mamede de Laraxe

- 5 de novembro: Local Social de Lavandeira

- 9 de novembro: Local Social do C.C.R.D. San Martiño de Porto

- 11 de novembro: Escola de As Viñas

- 12 de novembro: Local Social de Santa Cruz

27 de outubro de 2015 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.