publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ponte Caldelas aforrará o 50% do seu gasto telefónico tras asinar un acordo con Vodafone

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O Concello de Ponte Caldelas aforrarase o metade do seu actual gasto telefónico despois de lograr un acordo con Vodafone que permitirá tamén a anovación de tódolos terminais telefónicos así como a conexión 3G ou 4G de tódolos centros culturais municipais.

O contrato, que obrigará a unha permanencia con esta compañía telefónica de dous anos, permitirá aplicar un sistema de tarifado moito máis económico que o actual ao tempo que mellora o servizo con novos terminais que anovarán por completo a tecnoloxía dispoñible ata o momento no Concello.

Andrés Díaz amosouse moi satisfeito polo acordo acadado “sobre todo porque ven a dar solución a problemas que padecían varios centros culturais municipais no rural do concello que, a partir de agora, poderán dispoñer de internet, ferramenta imprescindible e que é cada vez máis demanda tanto por mozos como por usuarios de tódalas idades. Tamén suporá un aforro importante no gasto corrente do Concello o cal nos permitirá dispoñer de maior operatividade económica para poder adicala a atender demandas veciñais para mellora-la calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”. 

Así, este novo contrato negociado polo alcalde, Andrés Díaz Sobral, con representantes da compañía telefónica, permitirá tamén que o Centro Sociocultural de Forzáns conte por fin con internet despois de máis de 4 anos da súa inauguración e desta reivindicación veciñal que non se tiña dado resposta por falta de cobertura do sistema wimax implantado pola Deputación e que resultaba, nese caso, imposible de adoptar polos problemas de “sombra” ocasionados por unha plantación de eucaliptos próxima a esta Casa do Pobo.

22 de outubro de 2015 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.