publicidade hoxe

O ordenador de Rosario Porto conectouse a Internet durante máis de hora e media despois da denuncia pola desaparición de Asunta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de CompostelaTeo
A-
A+
Europa Press

O ordenador de Rosario Porto navegou por Internet durante máis de hora e media preto da medianoite do 21 de setembro de 2013, pouco despois de que os pais de Asunta puxesen a denuncia da súa desaparición e antes da localización do cadáver. Segundo explicaron os peritos da Garda Civil que declararon este xoves, o ordenador fixo da casa de Rosario Porto rexistrou dúas conexións a Internet o día da morte da nena.

A primeira das conexións foi entre as 12.00 e as 14.30 horas dese día, antes da comida en casa de Alfonso Basterra, mentres que a segunda foi entre as 23.56 e a 1.39 horas, despois de que os pais regresasen de pór a denuncia. En total, ese día visitáronse 30 páxinas web.

No relativo ao ordenador portátil de Alfonso Basterra, os peritos non puideron determinar se o disco duro “fora modificado”, aínda que si recuperaron máis de 579.000 arquivos borrados. Segundo os rexistros aos que tiveron acceso os axentes, este ordenador foi utilizado por última vez ao mediodía do 20 de setembro.

15 de outubro de 2015 | 16:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.