publicidade hoxe

O Grove pon en marcha dous cursos de alfabetización dixital e un obradoiro de lectura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O Concello do Grove vai poñer en marcha dous cursos de alfabetización dixital e un obradoiro de lectura para adultos que serán impartidos polo persoal da Biblioteca Municipal do Grove. Cada curso de alfabetización dixital constará dun total de 8 sesións de hora e media de duración cada unha. Estes cursos están especificamente dirixidos a persoas adultas que pero cuestións formativas o xeracionais non tiveron oportunidade de acceder a estas tecnoloxías e que, polo tanto, precisan adquirir coñecementos básicos. Trátase de contar con habilidades básicas para contar con acceso ás novas tecnoloxías tentando así de paliar a “fenda dixital” e os problemas que esta conleva.

O primeiro curso “Alfabetización dixital básica” terá lugar os martes de 10.00 a 11.30 e dará comezo o 27 de outubro. Está dirixido a persoas con escaso ou nulo coñecemento das novas tecnoloxías. O segundo “Como sobrevivir no mundo dixital” impartirase os luns de 10.00 a 11.30 horas dende o 26 de outubro. Está dixirixo a todas aquelas persoas que teñan un coñecemento básico do ordenador pero que queiran comezar a desenvolverse no Mundo Dixital e aprender o manexo do correo electrónico, das Redes Sociais, diferentes trámites… 

Ademais diso o 5 de novembro dará comezo un Obradoiro de Lectura que se celebrara os xoves de 10.00 a 11.30 horas.  Todas as persoas interesadas en participar nalgunha destas actividades poderán inscribirse na biblioteca municipal do Grove a partires do 19 de outubro. O número de prazas de cada edición é limitado polo que se atenderán as mesmas por rigorosa orde de inscrición. 

15 de outubro de 2015 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.