publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

José Ramón Lete Lasa avoga polo fomento do deporte como medio de saúde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVedra
A-
A+

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou hoxe a localidade de Vedra para coñecer o resultado das obras de acondicionamento do polideportivo municipal de Vedra, acompañado pola Delegada Territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo e polo alcalde da localidade Carlos Martínez.

A mellora desta instalación consistiu na reparación da cuberta coa finalidade de mellorar a súa estanqueidade e aumentar o nivel de iluminación interior, así como na instalación dun novo sistema de ventilación, co fin de resolver os problemas de condensación existentes, actuacións estas que se facían necesarias para dotar ao pavillón das condicións axeitadas para a práctica deportiva tanto dos escolares como dos veciños en xeral. A reforma supuxo un investimento de máis de 82.000 euros e foi posible grazas ao convenio asinado en agosto entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o concello.

Lete Lasa manifestou a súa satisfacción por esta mellora, lembrando que é obriga da Administración autonómica poñer todos os medios posibles para mellorar as infraestruturas e os equipamentos deportivos da Comunidade Autónoma, como ferramenta ao servizo do deporte galego e do fomento do exercicio físico en todos os sectores de poboación.

Neste sentido, considerou que este tipo de actuacións forman parte da vontade e do deber da Xunta de Galicia de favorecer o equilibrio territorial, a calidade de vida e a igualdade de oportunidades entre todos os galegos e galegas, tanto nos núcleos urbanos como rurais, costeiros ou de interior, e animou aos responsables do Concello de Vedra a seguir impulsando a práctica deportiva, especialmente dende o punto de vista da saúde e do benestar dos veciños.

23 de outubro de 2015 | 16:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.