publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Encontro de Maiores con Club +60 Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

Ofrecer un espazo que sirva de encontro para os maiores de Cabanas e ó mesmo tempo facilitar unha serie de actividades que sirvan para traballar aspectos cognitivos, así como fomentar a participación veciñal e previr o illamento social destas persoas nos lugares máis rurais do municipio. Este é o obxectivo co que un curso mais comeza o Club +60 Cabanas, Encontro de Maiores. O próximo mércores 5 de novembro, de 17:00 a 18:00 horas no local social da S.C.R.D. San Mamede de Laraxe levarase a cabo unha sesión de presentación na que se explicará ás persoas asistentes os obxectivos para este curso e se coñecerá de primeira man as súas necesidades e intereses. Trátase esta dunha actividade que terá unha periodicidade semanal e que vaise desenvolver ata o vindeiro mes de maio. O día da semana decidirase en consenso entre as persoas asistentes, e será á mesma hora e no mesmo lugar que a sesión inaugural. Aínda que esta actividade xa dará comezo o próximo mércores, os que estean interesados en participar poden poñerse en contacto cos Servizos Sociais do Concello de Cabanas.

Esta actividade do Club +60 Cabanas, Encontro de Maiores ven a complementar o Programa de Envellecemento Activo. Trátase este dun programa a través do que se pretende fomentar a participación activa en actividades saudables, tarefas de estimulación cognitiva como alfabetización básica, exercicios de atención e memoria, , xogos educativos, etc.

Ademais continuarase cas sesións especiais con axentes sociocomunitarios como ASFEDRO,  a Garda Civil ou a Asociación de Diabéticos de Ferrolterra.

28 de outubro de 2015 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.