publicidade hoxe

Concello de Bueu e Aqualia rematan as obras de cambio de tubaxes na avenida de Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

As obras de cambio de tubaxes que se está levando a cabo Aqualia ao longo de 130 metros da Avenida de Marín finalizan hoxe, e mañá persoal do Concello comezará a repoñer o pavimento das rúas. As obras comezaron fai aproximadamente dez días e con elas o Concello quixo poñer solución ás continuas avarías producidas ao longo do verán como consecuencia do antigo material das tubaxes, o fibrocemento, que agora pasan a ser de polietileno. Félix Juncal salientou durante a tempada estival a empresa encargada do abastecemento, saneamento e depuración de augas residuais tentou solucionar as diversas avarías, engadindo unha peza para reducir a presión das tubaxes, e como non se conseguiu, por iso se realizan agora estas obras.

Precisamente na mañá de hoxe o alcalde visitou as obras, en compañía dos concelleiros Fidel Castro e Silvia Carballo, onde aproveitou para destacar o acertado cambio no material.  

21 de outubro de 2015 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.