publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cambre organiza un magosto solidario no parque Ramón Barba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O concello de Cambre organiza un magosto solidario no parque Ramón Barba co obxectivo de recoller alimentos para a Despensa Municipal. Así, con cada doazón de alimentos farase entrega de castañas que serán preparadas polos voluntarios.

Trátase de sensibilizar á poboación da situación de dificultade pola que atraveses de decenas de familias Cambre. Todo iso complementarase coas actividades programadas pola AEC e a AAVV de Costa de Tapia, entre as que destacan as actuacións de música e obradoiros infantís, inchables, exhibición de zumba, churrascada ou gaiteiros.

A concelleira de Terceira Idade e Voluntariado, María Jesús Gómez, destaca a colaboración de entidades e asociacións para a celebración do acto e de Protección Civil de Cambre e Policía Local. Así, O CEIP Torrente Ballester colaborará recollendo castañas esta mesma semana no monte próximo ao centro educativo. Ademais, Eroski doará un milleiro de botellos de auga, Gadis cen quilos de castañas e Axiña, os inchables que se instalarán no parque. “É un evento que esperamos sensibilice sobre a situación de dificultade pola que atraveses de decenas da familias Cambre”.

30 de outubro de 2015 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.