publicidade hoxe

AER e ABANCA asinan un convenio para facilitar o financiamento ao sector empresarial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRedondela
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

ABANCA e a Asociación de Empresarios de Redondela (AER) acaban de renovar a súa colaboración en materia financeira, co obxectivo posto en mellorar o acceso ao crédito dos autónomos, profesionais e pemesdesta localidade pontevedresa.

Opresidente da Asociación de Empresarios de Redondela, Ramón Fernando Sampil Sanchez, e odirector de zona de ABANCAno Morrazo/Redondela, Héctor Martínez América, rubricaron un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial de Galicia.

Para facilitar a competitividade no mercado dos asociados, os clientes do novo servizo de financiamento no punto de venta de ABANCA, chamado APLAZOS. Deste xeito, permítese simplificar e axilizar o financiamento instantánea de produtos e servizos.

Os profesionais pertencentes a esta asociación poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

O convenio recolle unha ampla e competitiva oferta de produtos deseñados para este fin, entre os que destacan préstamos para anticipar subvencións ou aprazar o pago de impostos, sen xuros ou comisións. O texto asinado tamén recolle outras opcións de financiamento a través de pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto.

Dende as oficinas de ABANCA tamén facilitarase a información relativa ás opcións de financiamento a través do convenio asinado coa Deputación de Pontevedra, así como outros convenios do ICO, Igape e SGR.A entidade tamén porá a disposición de todos os asociados xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica.

A Asociación pretende potenciar e renovar todos os convenios que poidan supor un beneficio directo para os seus asociados así como estudar nova propostas de convenio para sectores específicos.

29 de outubro de 2015 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.