publicidade hoxe

ACEBE.CCA celebra o xoves a súa asemblea xeral electoral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzos
A-
A+

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE.CCA) celebrará mañá xoves 22 de novembro a Asemblea Electoral na que poderán participar todos os asociados de ACEBE.CCA e na que sairá elixida a Xunta Directiva de ACEBE.CCA para os próximos dous anos.

A única candidatura presentada para participar no proceso electoral é a encabezada por Antonia Anido Díaz, actual presidenta de ACEBE.CCA e que ostenta o cargo desde outubro de 2007, sendo reelixida por última vez en outubro de 2013, data na que se celebraron as últimas eleccións da organización.

Segundo recollen os Estatutos da Asociación, a Xunta Directiva de ACEBE.CCA será elixida por sufraxio universal directo para un período de dous anos e deberá estar composta por Presidente, Vicepresidente, Secretario, Tesoureiro e cinco vocais.

Os máis de  200 socios de ACEBE.CCA están chamados a participar na Asemblea Electoral que se celebrará mañá xoves 22 de outubro no Salón Azul do Edificio Liceo de Betanzos ás 20.30 h en primeira convocatoria e ás 21.00 h en segunda.

21 de outubro de 2015 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.