publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Taller de prevención de riscos laborais en explotacións vitivinícolas en Sober

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober organiza, en colaboración co Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Consellería de Traballo e Benestar, un taller de prevención de riscos laborais en explotacións vitivinícolas. A actividade está dirixida a persoas traballadoras e profesionais maiores de idade ocupadas ou desempregadas do sector vitivinícola.

O taller desenvolverase o vindeiro día 11 na Casa da Cultura de Sober en horario de 10:00 a 14:00 horas. Os interesados e interesadas en participar poden entregar as súas solicitudes ata o día 4 de setembro, venres, no propio Concello de Sober ou a través dos enderezos electrónicos ana.mosquera@eira-tec.com e desenvolvementorural.issga@xunta.es .

O número de prazas é de 15 a 25. 

1 de setembro de 2015 | 10:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.