publicidade hoxe

“Os Bolechas na máquina do tempo” chegan a Soutomaior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

Os Bolechas, os personaxes televisivos deseñados por Pepe Carreiro, volverán darse cita cos seus fieis seguidores en Soutomaior grazas ao seu espectáculo, “Os Bolechas na máquina do tempo”. A obra, na que convidan os pequenos a realizar unha viaxe a través do tempo da man dun científico tolo, chega este sábado ao edificio Multiusos de Arcade, nunha función organizada pola Concellaría de Cultura do Concello e que comezará ás 20.00 horas.

Trátase dunha actividade que mestura teatro e concurso e a entrada é totalmente gratuíta tanto para os pequenos como para as súas familias. Neste novo espectáculo de monicreques, os coñecidos personaxes infantís teletranspórtanse coa axuda dunha máquina do tempo a diferentes etapas da historia, para acabar chegando ao futuro e convértense en adultos. Algúns deles terán que estrear a máquina, pero todos teñen medo. No sorteo, Carlos e Pili son os elixidos para viaxar ao futuro, pero van necesitar despois a axuda de todo o público da sala para poder regresar ao presente.

Con esta actividade arrincan as actividades culturais do Concello para este outono

2 de setembro de 2015 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.