publicidade hoxe

O XI Trofeo Concello de Cangas de Tenis de Mesa celébrase esta fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+
Presentación do Trofeo de Tenis de Mesa

Presentación do Trofeo de Tenis de Mesa

Esta mañá presentábase en rolda de prensa o XI Trofeo Concello de Cangas de Tenis de Mesa que se celebra o vindeiro 26 e 27 de setembro no Pavillón Municipal de Romarigo en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A competición está organizada polo Club Cinania T.M., supervisada pola Federación Galega de Tenis de Mesa e conta coa colaboración da Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas.

Preto de 200 palistas achegados da xeografía galega e portuguesa, participarán nas diferentes categorías: alevín, infantil, xuvenil, sub.23 (masculino e feminino), absoluto (masculino e feminino), persoas con discapacidade intelectual e veteráns. O premio para os vencedores será unha noite nun hotel.

O evento recordará a Amador Álvarez no primeiro memorial adicado ao dentista cangués membro do club. Tamén haberá unha distinción para Eugenio Monge, un dos artífices do tenis de mesa en Cangas.

O Presidente-Delegado da Fundación Cangas Deporte, Xoán C. Chillón, quixo agradecer a labor desenvolvida polos organizadores da proba así como destacar a promoción que fan deste deporte. O directivo do Club Cinania T.M., Jesús Broullón e o adestrador do Club Cinania T.M., José R. Fernández Cora, animaron á cidadanía a acudir a este evento deportivo con estrada gratuíta.

22 de setembro de 2015 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.