publicidade hoxe

O Rallye da Coruña pasará polo municipio da Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

A vixésima edición do Rallye A Coruña “Memorial D. Eulalio Mora”, proba puntuable para o Campionato Galego de Rallyes e para todas as copas de promoción,  disputarase durante toda a xornada de mañá sábado, contándose con 137 participantes inscritos.

O segundo tramo cronometrado da proba discorrerá, en parte, polo termo municipal da Laracha, concretamente pola estrada que comunica Boedo (Culleredo) co núcleo larachés de Vista Alegre (parroquia de Soandres) e ata o cruce coa AC-523 fronte a Vilar da Fraga. 

A distancia do tramo, que parte de Culleredo, é de 8.200 metros, dos cales preto de 3.000 metros pertencen a territorio larachés. Ao longo da xornada os participantes pasarán tres veces por este lugar, estando programada a saída do primeiro coche ás 14:40 h, 18:10 h e 21:30 h. 

Por tanto, e por razóns de seguridade, a estrada permanecerá cortada ao tráfico durante toda a tarde, desde as 13:30 horas e ata preto da media noite.

O Racing Team One Seven organiza esta proba que conta coa colaboración do Concello da Laracha e da Federación Galega de Automobilismo.

4 de setembro de 2015 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.