publicidade hoxe

O Concello de Xove informa das axudas para o bono bus

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Co comezo do curso académico 2015-16 o Concello de Xove, a través da Concellería de Xuventude, pon en marcha unha nova liña de axudas consistente na subvención do 50% do prezo do Bono Bús para o transporte realizado pola empresa ARRIVA aos Campus de Santiago (Lugo e Santiago) e A Coruña (A Coruña e Ferrol), así como aqueles estudantes que cursan Ciclos formativos que non se encontran en San Cibrao, Viveiro e Burela.

Estes Bonos poden xestionarse directamente na Oficina Municipal de Información Xuvenil.

Xunto co resto de axudas destinadas aos estudantes, o Concello de Xove está mostrando,  unha vez máis, o seu interese pola xuventude e a súa formación.

7 de setembro de 2015 | 13:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.