publicidade hoxe

Continúa aberto o prazo para inscribirse nas escolas culturais, deportivas e educativas de Carral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

O Concello de Carral presenta a nova oferta dos programas de Escolas Deportivas, Culturais e Educativas, que se iniciarán a partir do 1 de outubro  e se desenvolverán ata o mes de maio. Entre as actividades que se ofertan destacan bailes de salón, zumba, teatro, fotografía, mountain bike, informática para nenos e adultos, inglés, hockei, baloncesto, patinaxe, teares e tapices, cociña, ximnasia rítmica, debuxo e pintura e tai chi, entre outras. A oferta faise para diferentes localidades do municipio.

Para que unha escola poida iniciar as súas clases é necesario que teñan un mínimo de 15 persoas, e algunhas delas contan cunha limitación máxima de alumnado. Estas últimas cubriranse por rigurosa orde de inscrición.  Para informarse e inscribirse as persoas interesadas poden dirixirse á Casa da Cultura e ao Centro Deportivo (tel. 981 672 580) 

O prazo para inscribirse rematará o 1 de outubro.

18 de setembro de 2015 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.