publicidade hoxe

Brincando coa Historia en Lestedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixón
A-
A+

O domingo, 13 de setembro, celébrase “Brincando coa Historia” no campo da feira de Lestedo, a partir das 19 horas. A actividade está organizada pola AA.CC. Mestre Manuel Gacio e no seu día tivo que ser posposta polas condicións climatolóxicas adversas. Trátase dunha xornada de xogos tradicionais como a chave, a estornela, os bolos celtas, o tiro á corda… polo que o único que se precisa son ganas de xogar.

Obradoiros

Tamén lembrar que permanece aberto o prazo de inscricións nos obradoiros de gaita, percusión, pandeireta e baile. Maiores e nenos poden participar destes obradoiros no vindoiro curso que comezará o sábado 3 de outubro.

Así mesmo, está programado para un dos últimos sábados de outubro unha visita ao obradoiro tradicional de fundición de campás en Arcos da Condesa.

10 de setembro de 2015 | 12:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.