publicidade hoxe

Apertura do prazo de presentación de ideas do concurso de proxectos empresariais de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

Semente de Monforte convoca o 2º certame do seu concurso de proxectos empresariais. Dende o 1 ata o 31 de Outubro estará aberto o prazo de presentación de ideas que, tras unha primeira fase de selección, quedarán en 10 finalistas. O concurso, aberto a calquera persoa física que propoña unha idea empresarial, estará dotado con 20.000€ en premios, amáis de ofrecer a posibilidade de contactar con importantes grupos inversores. A presentación de ideas deberá facerse obligatoriamente a través da web http://www.sementedemonforte.org

Promotores da asociación, así como entidades colaboradoras, inician un ciclo de presentación en diferentes universidades e centros educativos, para achegar aos estudantes esta iniciativa e animalos a participaren. O primeiro deles será en Vigo, na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, mañá xoves 1 de Outubro, ás 13:00h. A Asociación Semente de Monforte, creada na vila lucense tras ser agraciada co premio gordo da lotería de Reis, puxo en marcha o concurso co patrocinio de 18 empresas e a colaboración de 3 universidades galegas e o apoio do Instituto Galego de Promoción Económica.

30 de setembro de 2015 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.