publicidade hoxe

A letrada de Basterra quere incorporar fotos de compañeiras de Asunta en ballet para demostrar que son inocuas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

A avogada Belén Hospido, que representa ao pai de Asunta, Alfonso Basterra, solicitou incorporar á causa fotografías dunha actuación de ballet nas que figuran compañeiras da menor achada morta nunha pista forestal en setembro de 2013. Con iso, pretende demostrar que as da filla adoptiva do seu cliente, que transcenderon durante a instrución do caso, son “inocuas”, co obxectivo de que o xurado valore “se tales actitudes merecen o reproche e o comentario” que están a recibir en debates e informacións en diferentes medios de comunicación.

Así mesmo, Hospido pediu que os propios membros do xurado se despracen até a pista de Teo (A Coruña) na que se localizou o cadáver co propósito de determinar como puideron suceder os feitos. A maiores, achegou imaxes e outros documentos. Tras ela, o fiscal Jorge Fernández de Aránguiz está a situarse respecto das diferentes demandas das partes.

30 de setembro de 2015 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.