publicidade hoxe

“Xoves Animados” de Ribadumia con toro mecánico e animación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia, en colaboración coa Concellería de Cultura, e dentro da programación infantil “Os xoves animados”, organiza para este xoves a actividade “toro mecánico e animción”.  Coma o resto das actividades,o taller desenvolverase na Praza do Concello, a partir das 19:00 horas e rematará sobre as 22:00.

A entrada á actividade é gratuíta e estará supervisada por monitores e animadores que atenderán a eles e ás súas familias durante o transcurso da mesma.

Con esta actividade inaugurase a programación do mes de agosto; último mes que se celebrarán os xoves animiados antes de que os pequenos retomen o horario escolar. 

Por tanto, dende o Concello espérase unha boa acollida por parte das familias, tal e como ven ocurrindo nas actividades xa celebradas, e sobre todo,  que os pequenos disfruten do seu tempo de ocio do verán cunha programación variada e divertida.

Audición de vento e metal da Escola de Música de Ribadumia

Ademais, a Escola de Música de Ribadumia, dará unha audición de vento e metal este xoves ás 20:45 horas na Carballeira de Barrantes. A audición non será nesta ocasión individual, senón que se organizarán por grupos. A entrada é gratuíta, e en caso de que choiva trasladaranse ata a Casa da Cultura de Barrantes. 

Esta non será a última actuación a cargo da Escola de Música de Ribadumia neste verán, xa que a organización ten pensado continuar coas actividades durante o mes de agosto. 

5 de agosto de 2015 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.