publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Verán lúdico en Tordoia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTordoia
A-
A+
Verán Lúdico en Tordoia

Verán Lúdico en Tordoia

Os nenos e nenas asistentes ao verán lúdico – educativo 2015 realizado polo Concello de Tordoia, recibiron os diplomas pola súa asistencia e aproveitamento da actividade o pasado 31 de xullo de mans da Concelleira dona Manuela González Pallas. A actividade contou coa asistencia no mes de xullo de 35 nenos e vai continuar celebrandose na primeira quincena do mes de agosto. O programa compaxina actividades lúdicas con actividades educativas así coma con deporte e saidas ó exterior a visitar o Dolmen, a Pedra Longa…

Teatro

Por outra banda, o grupo Sarabela Teatro representou na biblioteca municipal de Tordoia a súa obra Conto Espress, dentro do programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia. A actuación foi todo un éxito e tivo unha grande aceptación por parte do público de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos.

Día do Neno

O venres 31 de xullo celebrouse no Concello de Tordoia unha nova edición do DÍA D@ NEN@. Os asistentes contaron con inchables na zona da Rega e na piscina así como coa celebración da festa da escuma.

6 de agosto de 2015 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.