publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha decena de xóvenes de Curtis viven a súa primeira aproximación laboral con ‘Deseñando o teu futuro’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

Unha decena de mozos do municipio de Curtis, de idades comprendidas entre os 14 e 18 anos, terán durante este mes de agosto a súa primeira aproximación ao mundo laboral en empresas de diversos sectores da súa contorna tales como a automoción, a reciclaxe e a industria da madeira e a carpintaría, entre outros. 

A concelleira de Xuventude e Voluntariado, Esther Lago, sostivo que o obxectivo desta iniciativa é que os mozos “adquiran habilidades que non só lle favorecerán no seu desenvolvemento persoal, senón que lles permitirá tomar decisións sobre a súa traxectoria formativa profesional cun maior coñecemento de como se move o sector laboral do seu interese”.

As estadías nas empresas elixidas, que se enmarcan no proxecto ‘Deseñando ou teu futuro’, terán unha duración de 15 xornadas hábiles, 5 horas diarias. Cada participante recibirá 6 euros por día na empresa para cubrir os gastos de manutención e desprazamento.

3 de agosto de 2015 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.