publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Frades acomete melloras no CPI Ponte Carreira por valor de 15.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Obras no CPI Ponte Carreira

Obras no CPI Ponte Carreira

O Concello de Frades está a acometer durante este verán varias actuacións de mellora e mantemento no CPI Ponte Carreira, en colaboración coa Dirección do centro. Unhas melloras que suporán un investimento de 15.000 euros no centro escolar fradense.

Así, durante o mes de xullo melloráronse os accesos dende o centro escolar ao pavillón municipal de Ponte Carreira, eliminando así todas as barreiras arquitectónicas. Ademais, procedeuse ao pintado e mellora das aulas, corredores e baños do CPI, así como arranxos na carpintería interior que continuarán durante este mes de agosto.

“Despois de escoitar as peticións do Consello Escolar, decidimos acometer as melloras nestes meses de xullo e agosto aproveitando as vacacións escolares, de xeito que todo estea rematado para cando se inicie o novo curso”, explica o alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez. Estas obras de mellora únense ás acometidas o ano pasado, nas que se investiron case 12.000 euros e que incluíron a instalación dun parque infantil no CPI Ponte Carreira, a reparación de humidades, a instalación de reixas no salón de actos e o pintado dos baños e dos corredores de acceso ás aulas. 

3 de agosto de 2015 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.