publicidade hoxe

Cangas acollerá o I Trofeo Princesa de Asturias de Piragüismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportesDeportes Portada
A-
A+
Presentación da proba deportiva

Presentación da proba deportiva

Hoxe xoves tivo lugar a presentación do I Trofeo Princesa de Asturias de piragüismo/ K4-C4. O evento, que se celebra este sábado día 8 de agosto na ría de Aldán, está organizado polo Club Mar Ría de Aldán, supervisado pola Federación Galega de Piragüismo e conta coa colaboración da Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas.

Na proba participarán máis de 350 piragüistas de categoría cadete, xuvenil, senior e veteranos de 20 clubs de diferentes puntos da xeografía galega. A competición reunirá 90 embarcacións K4-C4 (de catro tripulantes) que cubrirán a ría de Aldán. Cada club levará unha media de 8/10 embarcacións que miden sobre 12 metros cada unha.

A saída de terra realizarase en dúas quendas dende a praia de Vilariño, primeiro canoistas e mulleres e despois veteranos, e abranguerá un total de 12 kilómetros. Como particularidade, nesta proba haberá dous porteos de 125 metros, que se realizarán na praia de Vilariño. “Será o máis espectacular e vistoso da proba” afirmaba o tesoureiro do Club Mar Ría de Aldán, Jacinto Cea. 

O concelleiro de Deportes, Xoán C. Chillón, quixo salientar a dimensión deste evento deportivo así como apostar polo futuro deste deporte.

 

6 de agosto de 2015 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.