publicidade hoxe

Taller de globoflexia nos Xoves Animados de Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia, en colaboración coa Concellería de Cultura, e dentro da programación infantil “Os xoves animados”, organiza para este xoves un  taller de globloflexia.

Coma o resto das actividades,o taller desenvolverase na Praza do Concello, a partir das 19:00 horas e rematará sobre as 21:00 horas.

A entrada á actividade é gratuíta e estará supervisada por monitores que suministrarán ós pequenos con todo o material que necesitan e os atenderán a eles e ás súas familias durante o transcurso do taller. 

Con esta actividade péchase a programación do mes de xullo; pero esta non será a derradeira, xa que a Concellería de Cultura ten  preparada unha programación moi variada para o mes de agosto. Un toro mecánico, manualidades con materiais reciclados, karaoke e unha festa de espuma como clausura dos Xoves Animados e do verán antes de que os pequenos retomen o horario escolar.   

Por tanto, dende o Concello espérase unha boa acollida por parte das familias, tal e como ven ocurrindo nas actividades xa celebradas, e sobre todo,  que os pequenos disfruten do seu tempo de ocio do verán cunha programación variada e divertida.

Audición de trompeta e clarinete da Escola de Música de Ribadumia 

Ademais, a Escola de Música de Ribadumia, dará unha audición  de trompeta e clarinete este xoves ás 20:45 horas na Carballeira de Barrantes. A audición correrá a cargo dos profesores Javier Rodríguez Filgueira –clarinete- e Víctor Fernández Vázquez –trompeta-, acompañados polos seus alumnos. A entrada é gratuíta. 

Esta non será a última actuación a cargo da Escola de Música de Ribadumia neste verán, xa que a organización ten pensado continuar coas actividades durante o mes de agosto. 

28 de xullo de 2015 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.