publicidade hoxe

O VII Torneo da Liga Galega de Kaiak Polo dispútase este domingo en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportesDeportes Portada
A-
A+
Presentación da proba

Presentación da proba

Esta mañá presentábase na Fundación Cangas Deporte a VII edición do Torneo da Liga Galega de kaiak polo que se disputará este domingo, 2 de agosto, no porto pesqueiro (fronte a lonxa), entre as 9:00 e as 18:00 horas. O evento está organizado polo Real Club Náutico Rodeira e conta coa colaboración da Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas.

Na competición, de ámbito autonómico, participarán un total de 64 palistas dos seguintes clubes: Combarro, Umia, Copacabana, Penedo, R.C.N.R. e Arcos de Valdevez (Portugal). As categorías que competirán son absoluta, feminina e sub-21. 

Á presentación acudiron o concelleiro de Deporte, Xoán C. Chillón, a vicepresidenta do Real Club Náutico Rodeira, Gabriela González e o xogador David Bernárdez. Chillón mostrou o seu interese en consolidar este tipo de eventos e gabou o “altísimo nivel” que diferencia ao Real Club Náutico Rodeira.

30 de xullo de 2015 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.