publicidade hoxe

Máis de 200 padexeiros participarán na V Regata de Kaiak de Mar II Copa Sipre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaDeportesDeportes PortadaVigo
A-
A+

Máis de 200 padexeiros participarán o vindeiro domingo na V Regata de Kaiak de Mar II Copa Sipre que se disputará entre Vigo e Baiona cun percorrido de 17 quilómetros. A saída para as categorías xuvenil, sénior e cadetes realizarase ás 10:30 horas desde Bouzas. Ás 12:30 horas, na praia de Ladeira, disputarase a regata para as categorías de cadetes e tradicional, ademais da proba popular.

O percorrido entre Vigo e Baiona resulta espectacular e ademais cunha gran esixencia física. O mellor dos padexeiros podería investir unha hora e vinte minutos en percorrer os 17 quilómetros de percorrido. É unha das regatas máis esixentes do calendario galego de kaiak de mar.

Nas inmediacións da praia de Ladeira en Baiona tamén se habilitará un circuíto de seis quilómetros para as categorías de cadetes e tradicionais, ademais de disputarse a proba popular. A saída será ás 12:30 horas.

O Kaiak Vigo, xunto á Federación Galega de Piragüismo, son os organizadores desta proba, que  conta coa colaboración do Concello de Vigo, Concello de Baiona, Wetsports, Deputación de Pontevedra, Gadis, Frutas Sol e Gadis.

A regata será valedoira para a liga Galega de Kaiak de Mar II Copa Sipre. Xa se disputaron catro regatas e quedan por celebrarse a de Vigo e a última en Cambados na primeira semana do próximo mes de agosto. O Club Piragüismo Cambados é o que lidera a clasificación por puntos ao sumar 194. Pero o Club de Mar Ría de Aldán Irmáns Galdón atópase no segundo lugar con só dous puntos menos. O Galventus Náutico Muiño de Ribadumia figura terceiro con 187 puntos, o Náutico de Cobres é cuarto con 181 e o As Torres Restaurante A Pedra é quinto con 175. Por tanto, a dúas últimas regatas do calendario da liga Galega pódense considerar decisivas para establecer o campión desta competición.

2 de xullo de 2015 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.