publicidade hoxe

Carmela Silva inaugura a 63 edición da Festa do Albariño en Cambados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosPontevedra
A-
A+
Carmela Silva na Festa do Albariño

Carmela Silva na Festa do Albariño

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou hoxe, na inauguración da Festa do Albariño de Cambados, que convocará o sector vinícola a unha xuntanza para analizar conxuntamente o seu futuro.

Silva recoñeceu o “grande esforzo” do propio sector na internacionalización acometida ó longo dos últimos anos e subliñou que “as administracións temos a obriga de comprometernos con el porque, ademais, forma parte do ADN da provincia de Pontevedra”.

Neste sentido as conversas mantidas con colleiteiros e bodegueiros ó longo da inauguración e no percorrido polo Paseo da Calzada serviron para que Carmela Silva se marcase como obxectivo “que a Deputación poña os instrumentos necesarios para garantir que o sector do viño siga crecendo”.

A presidenta recordou que o sector do viño é moi importante en Pontevedra “non só pola súa importante produción senón polo seu atractivo turístico ligado ás paisaxes de toda a provincia”.

Por último, Silva felicitou a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, pola excelente organización da festa e animou a todos os pontevedreses e pontevedresas a achegárense á vila durante estas xornadas.

29 de xullo de 2015 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.