publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

As obras complementarias da rede de saneamento de Curtis finalizarán en setembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

Augas de Galicia comezou esta semana as obras da segunda e última fase de saneamento do pobo de Curtis. Nesta execución, que completará o proxecto de mellora de toda a rede neste núcleo ao separar as recollidas de residuais das pluviais, investiranse máis de 229.000 euros.

As actuacións desenvolveranse no barrio de San José e na rúa Pilar Pena, onde se construirá un novo colector para as augas residuais, de forma que o actual desaugadoiro unitario, que deriva a recollida cara ao colector da rúa Eduardo Mestre, pase a canalizar soa a auga das choivas. Nesta obra será necesario demoler parte do firme da beirarrúa.

Na zona baixa da estación de ferrocarril tamén se construirán outros dous colectores para a recollida de augas residuais, que se impulsarán por un pozo de bombeo até a rede da Avenida Principal.

No orzamento contémplase, ademais, a reposición dos firmes de Eduardo Mestre Fariña, Rosalía de Castro e Praza de Compostela, que se viron afectados na execución da primeira fase da obra.

Ao finalizar a actuación no mes de setembro, o total do investimento no saneamento de Curtis, que posibilitará reducir a cantidade de metros cúbicos de augas que terá que tratar a depuradora, ascenderá a case tres millóns de euros. 

21 de xullo de 2015 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.