publicidade hoxe

Acordo de concentración parcelaria da parroquia de Vilar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

O Acordo de Concentración Parcelaria da Zona de San Miguel de Vilar II, no Concello de Touro, rubricouse esta semana. Remátase así o proceso de concentración que consigue un índice de reducción de 4,81; e dicir, pásase de 2.851 leiras a 593 fincas na actualidade. Esta concentración na parroquia de San Miguel de Vilar afecta a un total de 368 hectáreas e a 326 propietarios. Agora a superficie media das leiras é de 5.869 metros cadrados e antes da concentración a superficie era de 1.291 metros cadrados. Según os datos da Consellería do Medio Rural e do Mar, agora o número medio de leiras por propietario é de 2,03 e antes era de 10,79 fincas.

O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, valorou con satisfacción o acordo e agradeceu a dilixencia da Administración autonómica para axilizar o proceso neses últimos tempos. De feito dende que o proxecto de concentración parcelaria foi aprobado polo Servizo de Infraestructuras Agrarias da Coruña no mes de febreiro ata o acordo de concentración pasaron seis meses, cando a media de tempo empregado en procesos similares está entre ano e medio e tres anos, según informa a Consellería do Medio Rural e do Mar. Agora, tras o acordo, chegará o amolloamento das fincas, proceso que consiste fundamentalmente en colocar os marcos nas propiedades, e que se fará no outono. Nos primerios meses do próximo ano procederase á toma de posesión das fincas por parte dos seus propietarios.

O perímetro concentrado comprende na súa maior parte  monte ainda que tamén algunhas terras adicadas a prado. A parroquia de Vilar linda ao norte coa de Prevediños (Touro), ao sur e ao oeste co Concello de Boqueixón e ao leste coa parroquia de Foxás (Touro). 

16 de xullo de 2015 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.