A bicicleta convértese en protagonista do verán en Cotobade
O Concello de Cotobade organiza todos os mércores deste verán unha actividade de bicicleta para todas as idades coa colaboración do Club de ciclismo Cotobade Xtreme. Os mércores á mesma hora, quedan en diferentes paraxes do concello para desfrutar e coñecer as rutas, paisaxes, novos camiños, saltar obstáculos e demais sorpresas que se atopen. Hoxe foron vinte e tres pero contan con chegar a ser mais, é aberto e so fai falta ter bici, non fai falta sequera saber andar, a eso xa te axudan eles. Tamén é importante as ganas de pasalo ben.