publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Celanova alerta á veciñanza dunha serie de roubos nas aldeas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanova
A-
A+

José Luís Ferro Iglesias, en calidade de alcalde do Concello de Celanova fai saber que nas últimas semanas teñen sucedido desagradables episodios de roubos, tanto a persoas como en domicilios de distintas aldeas do noso municipio.

Que, segundo nos teñen feito saber persoas afectadas, estes roubos soen ser feitos por persoas estranxeiras que se achegan polas aldeas tratando de gañar a confianza dos veciños co fin de conseguir acceso ó domicilio ou vixiar os seus costumes para acceder a eles cando os propietarios están fóra.

Por todo elo, dende esta alcaldía recoméndase extremar o coidado e a vixilancia respecto da posible presencia de descoñecidos nas aldeas e alertar desta circunstancia ó máximo número de conveciños posible.

25 de xuño de 2015 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.