publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Muimenta acollerá unha nova edición da Festa dos Xogos Tradicionais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaCospeito
A-
A+

O vindeiro domingo día 7 de xuño, terá lugar no Recinto Feiral “Manuel Vila López” de Muimenta, a VII edición da Festa dos Xogos Tradicionais de Muimenta.

Dende as once da maña, ata as oito da tarde habrá:

- máis dun cento de xoguetes cedidos pola Concellería de Xuventude do Concello de O Grove

- demostración de xogos a cargos do alumnado do C.E.I.P. de Caaveiro (A Capela)

- deportes rurais galegos, asturianos e portugueses

- presentación dos bolos “Parada do Sil”

- obradoiro da orquesta vexetal “A Troba do Bugallo”

- stand de xogos tradicionais e populares, sobre unha veintena

- unha nova edición do aberto da billarda, Filloa – 2.015

- e coma sempre, unha multitude de sorpresas relacionadas sempre cos xogos tradicionais.

- ademáis toda a xente que veña ata Muimenta, nesa xornada, podrá desfrutar dun xantar, a un prezo módico de 11,00 €uros, podendo facer reserva anticipada no teléfono 982 528 017

1 de xuño de 2015 | 11:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.