publicidade hoxe

Cerdedo organiza a Festa de San Xoán na praia fluvial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

O Concello de Cerdedo organiza a tradicional Festa de San Xoán na praia fluvial. Trátase dunha actividade que conta coa presenza de máis de 1000 veciños do municipio no cal se reúnen todos para celebrar a tradicional festividade. O prezo será de 3 € e celebrarase o vindeiro martes 23 de xuño a partir das 21.30 horas na que haberá sardiñas asadas, churrasco, pan e viño, para ás 12 da noite acender a tradicional fogueira. A continuación seguirá a festa cun duo musical. Os tickets poderanse coller nas oficinas municipais do Concello de Cerdedo. 

9 de xuño de 2015 | 10:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.