publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Almorzos saudables no Rosal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Rosal
A-
A+
Almorzos saudables no Rosal

Almorzos saudables no Rosal

Dende o ano 2008, unha vez máis o Concello do Rosal dentro das súas actividades adicadas a promover hábitos saudables entre a xente más nova, realizou OS ALMORZOS SAUDABLES coa poboación escolar de Educación primaria do CPI Manuel Suárez Marquier.

A actividade tivo lugar entre os días 1 e 5 de xuño na primeira hora da mañá co fin de que os rapaces e rapazas almorzaran todos xuntos.

A actividade consiste en instalar unhas mesas con diferentes tipos de alimentos para que os nenos e nenas  proben e se familiaricen cos alimentos. Poden elaborar o seu propio menú seguindo sempre a premisa de que non poden faltar a froita, un lácteo e algún cereal. Contamos tamén con alimentos especiais para o alumnado con determinadas  intolerancias como ó leite ou ó gluten.

A actividade lévase a cabo nas instalacións do Obradoiro de Emprego nas inmediacións do centro escolar, e este ano varios establecementos do noso concello colaboraron desinteresadamente donando alimentos para a realización do obradoiro. Estes son a panadería Volován que cedeu o pan empregado durante toda a semana, e o supermercado Froiz que proporcionou o leite.

Os nenos e nenas do colexio Manuel Suárez Marquier o pasaron así de ben almorzando todos xuntos. 

10 de xuño de 2015 | 11:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.