publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Neda programa na biblioteca unha sesión de contacontos a cargo de Helga Méndez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda invita a veciños e veciñas a asistir mañá mércores, 13 de maio, á última sesión do curso do programa municipal de fomento da lectura “Lesme un conto?”. Desenvolveráse como de costume no espazo infantil da Biblioteca Municipal, con entrada de balde, pero a diferente hora da habitual, xa que comezará ás 19 horas. Como novidade, e por incluírse na programación deseñada pola Concellería de Cultura para conmemorar o Día das Letras Galegas, contará coa narradora Helga Méndez. Será a encargada de guiar a sesión e deleitar ás familias –nenos e maiores- coas súas historias.

Así mesmo, a programación das Letras Galegas continuará este sábado, as 19 horas, na Casa da Cultura co espectáculo musical “Estamos no verán”, a cargo de Xoán Curiel. As entradas custan dous euros para o público adulto e un euro para o infantil.

12 de maio de 2015 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.