publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Concello de Cedeira vén de adxudicar as obras de acondicionamento da rúa Ezequiel López

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O alcalde, Luis Rubido, informou esta mañá da adxudicación dos traballos de acondicionamento da rúa Ezequiel López, o único vial de acceso ao porto de Cedeira. Circunstancia pola que soporta un intenso tráfico pesado que motivou o seu deterioro progresivo, con cuarteos superficiais no seu firme. De ahí a necesidade de levar a cabo obras de pavimentación.

O orzamento da actuación ascende a 33.460 euros e conta cun prazo de execución de dous meses. Nesta liña, o Concello avanza que os traballos se iniciarán nas próximas semanas. Así, a intervención contempla a pavimentación da rúa e o pintado dos pasos de peatóns, así como a colocación da sinalización horizontal correspondente. Complétase coa adecuación dos rexistros existentes á nova rasante.

11 de maio de 2015 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.