publicidade hoxe

O BNG reclama explicacións polo crime de violencia machista e di que fallaron os protocolos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+
Europa Press

O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, reclamou “explicacións claras” tras a morte dunha muller que permanecía ingresada no hospital de Ourense tras recibir varias acoiteladas a cargo da súa parella, presuntamente, que despois se autolesionou. En declaracións aos medios en Vence manifestou que “máis alá das condenas rituais e habituais” é necesario coñecer os “fallos nas medidas e protocolos de protección” que se están a adoptar para protexer as mulleres ante a violencia de xero.

“No día de hoxe non valen as condenas habituais, hai que explicarlle á cidadanía” o acontecido, dixo Vence, quen lanzou unha “pregunta directa” ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Vence tamén quere que a Xunta “explique as consecuencias da redución de medios e de coidado nos protocolos das mulleres afectadas por violencia de xénero”.

O voceiro nacional do BNG, que condenou o “crime realizado por unha persoa que non pode recibir nin o cualificativo de home”, remarcou que este caso, que cualificou de “terrorismo machista”, pon de manifesto que “están a fallar os protocolos de violencia de xénero” e que mesmo isto acontece “dentro dun hospital”.

EXPLICACIÓNS PARLAMENTO

Pola súa banda, a deputada do BNG Carme Adán, quen mostrou a súa “máis enérxica repulsa” polo asasinato machista, rexistrou unha pregunta urxente no Parlamento para que o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, dea explicacións, toda vez que ostenta as competencias da policiais, xudiciais e de igualdade.

“É un caso incomprensible evidentemente. ¿Como pode haber sospeita e estar sen ningún tipo de protección?”, preguntouse a parlamentaria nacionalista Carme Adán quen, en declaracións, incidiu en que se trata dun caso “moi, moi grave”.

Para Adán, o acontecido é unha “demostración de que as administracións non poñen en primeira orde das súas preocupacións a violencia de xénero”. “Segue sin tomar en serio” esta problemática, advertiu.

A deputada do Bloque quere saber cáles foron as medidas de seguridade postas en marcha para garantir a seguridade desta muller e que Roda explique “que foi o que fallou para que unha muller ingresada para recuperarse de lesións recibidas no seu domicilio resulte acoitelada e asasinada pola súa parella cando existían indicios previos de violencia de xénero”.

A parlamentaria tamén pide que se leve este caso á Comisión de Igualdade da Cámara autonómica e advirte de que isto xa non é “teoría”, senón un feito real “moi, moi grave”.

8 de maio de 2015 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.