publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Máis de 100 gandeiros protestan en Outeiro de Rei ante a sede de Loxística Alimentaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOuteiro de Rei
A-
A+
Europa Press

Máis de 100 gandeiros, convocados polo Sindicato Labrego, protestaron este venres ante a sede Loxística Alimentaria, en Outeiro de Rei (Lugo), polo seu papel como “emblema” de industria “con prácticas totalmente destrutivas” para o lácteo galego e para esixir prezos xustos para o leite. En declaracións, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Isabel Vilalba, sinalou que se elixiu realizar unha concentración ante Loxística Alimentaria pola súa forma de proceder “terrible”, xa que “son vellos coñecidos de deixar non pagamentos” e fixar liquidacións con prezos “inadmisibles”.

Esta concentración estivo marcada por lemas como ‘Primeiro prezo e logo contrato’, ‘Este contrato é un atraco’ ou ‘Arriba ás mans, isto é un contrato’, nunha xornada reivindicativa na que se tirou leite a xeito de protesta.

Así, Vilalba censura que na actualidade Loxística Alimentaria “non é soa unha das empresas que menos paga” aos gandeiros polo seu leite, senón que realiza liquidacións a produtores que deciden cambiar de industria con prezos diferentes aos negociados. De feito, hai casos de ata 50.000 quilos a “menos de 1 céntimo o quilo” e, “mesmo, un da zona de Betanzos ao que directamente fixéronlle unha liquidación negativa”.

“Parécenos terrible, un símbolo de como eses contratos son unha ferramenta de extorsión, que é ruinosa e provoca uns efectos de arrastre en todo o sector,”, lamenta a responsable do Sindicato Labrego.

Ademais, o Sindicato Labrego recorda que a fábrica na que está Loxística Alimentaria “foi o epicentro da cacicada de Alimentos Lácteos, capitaneada pola Consellería de Medio Rural e varios políticos populares,”, que levou á disolución de varias cooperativas como Gancobre, Tierra Llana ou La Arzuana e débedas millonarias.

A PRIMEIRA DE “MOITAS MOBILIZACIÓNS”

Así, Isabel Vilalba considera que estas protestas chegan “tarde” ante unha situación de pagamentos de “20 ou 22 céntimos” polo litro de leite, de maneira que formula esta concentración “como a primeira de moitas mobilizacións que van levar a rúa ao sector enteiro”.

A este respecto, espera que “sexan o máximo de organizacións e persoas” os que apoien futuras protestas para reclamar medidas coas que alcanzar prezos xustos polo leite.

Sobre esta cuestión, subliñou que “é imprescindible a mobilización do sector” ante a situación “absolutamente insostible” de prezos á baixa e por debaixo de custos de produción.

ADMINISTRACIÓN “DESAPARECIDA”

Ante esta situación, Vilalba censura que a administración “está desaparecida” e “é coma se non houbese un Goberno galego que non tivese competencias” en materia de agricultura”.

Sobre a posibilidade de que a administración recompre leite líquido excedentario para dedicalo a unha torre de po e provocar que os prezos non sigan baixando, o Sindicato Labrego pregúntase “¿ para cando se proxecta “? e urxe a que se actúe, porque a xente ten liquidacións cada mes “co que non dá pagado as facturas”.

De tal forma, recrimina que ás administracións “solo lles preocupan os titulares electorais”, pero “non protexen a xente de perder o seu medio de vida”.

22 de maio de 2015 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.