publicidade hoxe

Intenso fin de semana de actividades de lecer en Cerdedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

Este fin de semana celebrarase na localidade de Cerdedo por unha banda as Xuntanzas Pola Caza. Será o sábado 16 de maio desde as 10 ata as 14,30. As xornadas debaterán sobre a problemática que está a sufrir a caza menor e en concreto o coello do monte. Igualmente presentarase un libro titulado “Don Quixote madrugador e amigo da caza” e haberá unha mesa redonda para tratar as inquietudes pola caza. Á xornada asistirán expertos técnicos así como máis de 250 cazadores, Celebrarase no Auditorio do centro Cultural de Cerdedo e ao finalizar haberá unha comida de confraternidade no Pavillón municipal de Cerdedo. Esta actividade está organizada pola Federación de Caza que segue promovendo este tipo de actividades para fomentar a práctica deste deporte saudable no que participan máis de 10.000 persoas en toda a provincia de Pontevedra. Ademais trátase dunha actividade que trae consigo unha riqueza e mellora da actividade económica para as armerías, tendas de roupa, bares e restaurantes locais, tendas de electrónica, cans, etc…

A continuación o domingo 17 de maio ás 10.30 horas sairá do municipio de Cerdedo a I edición da Carreira Conca do Lérez. Trátase dunha ambiciosa proba deportiva que percorre os concellos de Cerdedo, Cotobade e Campo Lameiro onde estará a meta no parque de arte rupestre. A saída será desde un marco incomparable como é o complexo romano de San Antón (Cerdedo) e percorre 18 quilómetros por unhas espectaculares paisaxes. Desde a organización trabállase coa Garda Civil e con Protección civil para garantir a seguridade de todos os corredores

13 de maio de 2015 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.