publicidade hoxe

Gran éxito de participación na I Copa Internacional de Karate Avalon Kai

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesO Pino
A-
A+

O pasado sábado 9 de maio celebrábase a I Copa Internacional de Karate Avalon Kai no pabillón de Lameiro (O Pino), organizada polo propio clube compostelán Avalon Kai (Ponte do Sar, 41). Este campionato acadou unha gran participación, xa que nel competiron 16 clubes de toda Galicia e Portugal; contando así con máis de 220 karatekas nas modalidades tanto de kata como de kumite.

O clube anfitrión Avalon Kai acadou un gran éxito no seu primeiro campionato, sendo o clube con maior número de trofeos conseguidos, xa que os seus karatekas obtiveron un total de 18 trofeos:

Os ouros correron a conta de Laura Rodríguez (kata), Iván Martínez (kumite) e Flavia Melcher (kumite). As pratas, a conta de Lucas Vilas (kata), Gabriel Junquera (kata) e Lara Irago (kumite). Os bronces, a conta de Aurea Ces (kata), Pablo Lamas (kata), Flavia Melcher (kata), Lois Morón (kata), Gabriel Junquera (kumite), Carlos González (kumite), Carla Miu (kumite), David Moreira (kumite), Mariña Barba (kumite), Borja Mosquera (kumite), Pablo Suárez (kumite) e Paulo Ces (kumite).

13 de maio de 2015 | 13:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.