publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Costas comunica ao Concello de Neda o inicio das obras na balaustrada do paseo marítimo na zona de Subarreiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O alcalde en funcións, Ignacio Cabezón, informou  esta mañá de que a Demarcación de Costas lle comunicou o inicio, nos próximos días, das obras de sustitución da balaustrada do paseo marítimo na zona de Subarreiros. Unha intervención xestionada nos últimos meses e cuxo custe asumirá, integra e finalmente, Costas. Culminará así un completo paquete de actuacións encamiñadas a pór en valor a zona -coa construción da pasarela sobre o Belelle, instalación de farolas solares ou creación dunha senda peatonal de acceso que tamén dá servizo ao parque infantil e á piscina-.

A balaustrada sinalada, de formigón, atópase nun moi precario es deterioro. Agora, colocarase no seu lugar unha barandilla de madeira tratada, un material máis acorde co entorno. Delimitarase e habilitarase tamén unha senda peatonal á beira do cauce fluvial, entre o inicio da pasarela e a desembocadura do río. Un tramo duns 160 metros.

28 de maio de 2015 | 14:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.