publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Concédense 129.000 euros do PPOS 2015 para acondicionar o interior do edificio de usos múltiples de Agolada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAgoladaPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra aprobou, na Xunta de Goberno deste venres, destinar 128.832 euros ás obras de mellora do interior do edificio de usos múltiples de Agolada. Estas obras enmárcanse no proxecto de construción deste edificio, para dotalo dos servizos e infraestruturas necesarios para o seu uso.

A actuación aprobada polo organismo provincial comprende a realización dos acabados interiores e a dotación doutras instalacións dentro do inmoble.

Tamén se colocarán cubos independentes para a recollida do lixo, co fin de habilitar un sistema de reciclaxe selectivo dos residuos que se produzan diariamente.

A finalidade é dispoñer dun novo espazo no que os veciños se poidan reunir e levar a cabo diversas actividades lúdicas e culturais.

8 de maio de 2015 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.