publicidade hoxe

A Asociación Cultural San Campio presenta o Serán das Letras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

A parroquia de Sarandón, no Concello de Vedra, celebra este sábado 23 de maio o Serán das Letras, a cargo da Asociación Cultural San Campaio. A programación incluirá:

19:30 FURANCHO DE GONZÁLEZ

Pequena presentación do autor ao que se lle adican as letras galegas deste ano: Xosé Fernando Filgueira Valverde. Lectura e presentación dos mellores relatos e debuxos do I concurso do serán das letras, e entrega de premios

21:30 FURANCHO DE CABALEIRO
Actuación para os pequenos e maiores: “contos da boa pipa”.

00:00 FURANCHO DE LÓPEZ
Foliada

Ao longo da noite tamén actuarán as Pandereteiras de Aríns, Pandereteiras de Codeso, Pandereteiras da Baña, Pandereteiras Silandeiras e Pandereteiras Dedaleiras. No serán tamén se dará a coñecer as persoas gañadoras nas diferentes categorías do I CONCURSO DE RELATOS “Serán das Letras”

21 de maio de 2015 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.