Un home de 62 anos falece esmagado polo seu tractor na Cañiza
Un home de 62 anos de idade faleceu este xoves na localidade pontevedresa da Cañiza tras ser esmagado polo tractor co que estaba a labrar o seu terreo. Diso informaron fontes de Protección Civil, que explicaron que “caeu baixo a roda” cando conducía este vehículo. Así mesmo, os Bombeiros da próxima localidade de Ponteareas detallaron que, segundo o relato da veciña que deu a alerta, este home puido desequilibrarse cando conducía marcha atrás e caeu, de modo que quedou “atrapado” baixo a roda “o peito e o colo”. Por último, deron conta de que os feitos tiveron lugar sobre as 16,45 horas e de que o home falecido era veciño da Cañiza.