publicidade hoxe

Touro celebra a súa III Carreira Pedestre Popular o vindeiro domingo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

O vindeiro domingo, 26 de abril, celebrarase a III Carreira Pedestre Popular Concello de Touro. A carreira, que cuxa saída está prevista ás 10.30 horas en Fonte Díaz, está aberta a todos os afeccionados a este deporte. A proba na categoría absoluta terá unha distancia de dez quilómetros e discorrerá por diferentes puntos do Concello de Touro, entre os que estará o núcleo urbano de Fonte Díaz. A organización, que ofrecerá unha camiseta a todos os participantes, entregará trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría. Tamén terán premio os tres primeiros corredores locais da categoría absoluta. A entrega de premios está prevista para as 13.30 horas fronte á sede do Concello de Touro, en Fonte Díaz. As categorías da proba abarcan desde os máis novos ata os máis veteranos. O percorrido da proba estará adaptado a cada unha das idades. Na organización da carreira, ademais do Concello de Touro, participan a Federación Galega de Atletismo, a Deputación da Coruña e a imprenta Ayude de Arzúa.

24 de abril de 2015 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.